El 11 de octubre de 2017 se publica la Ley de protección y bienestar de los animales de compañía en Galicia, que entrará en vigor a los tres meses de su publicación.
Se concede un período de adaptación de 18 meses a los establecimientos de animales de compañía objeto de regulación, contados desde la fecha de entrada en vigor. El mismo plazo se prevé para cumplir los nuevos requisitos y las medidas establecidas para la entrega en adopción de los animales abandonados, la acogida temporal y la creación de colonias felinas.
Enlace al DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171011/AnuncioC3B0-051017-0001_gl.html
Exposición de motivos:
«[…] Un animal de compañía acóllese co propósito de brindar compañía ou para gozo da persoa dona ou posuidora del. Este tipo de animais caracterízanse pola súa adaptabilidade e interacción co ser humano. Un animal de compañía pódese integrar na convivencia cunha persoa, grupo, familia ou sociedade, quen, pola súa parte, debe proporcionarlle todo o necesario para o seu desenvolvemento cotián.
Posuír un animal de compañía pode ter consecuencias positivas para a saúde, e neste punto non convén esquecer tampouco o importante labor que desenvolven, sobre todo os cans, colaborando co ser humano no ámbito policial, no rescate de persoas, como guías das persoas invidentes, na asistencia ás persoas e mesmo no ámbito terapéutico.
Nesta liña, un animal de compañía ten que ser educado para a convivencia coas persoas, sendo esta convivencia un fenómeno social común a case todas as culturas desde hai miles de anos, e desas persoas que o incorporan á súa convivencia vai depender en exclusiva o seu benestar, converténdose este nunha responsabilidade directa delas. Cómpre, en consecuencia, regular minuciosamente as prohibicións, obrigas e responsabilidades das persoas donas e posuidoras dos animais de compañía. Neste sentido hai que destacar que esta lei incorpora especificamente a obriga de identificación sen excepción de todos os animais da especie canina, o que constituirá un elemento eficaz na loita contra o abandono e o maltrato animal, ao permitir unha máis sinxela identificación do seu dono ou dona e, en consecuencia, da persoa presuntamente infractora; así como a prohibición expresa de lles dar unha educación agresiva e a prohibición de mutilacións nos animais (orellas, rabos…) co fin de manter unhas características dun tipo racial, ou a prohibición da adquisición de animais de compañía por persoas menores de dezaseis anos.
Quen tome a decisión de incorporar un animal de compañía á súa vida é responsable da súa saúde e do seu benestar, e ten que ser consciente e asumir as obrigas e responsabilidades que iso implica, o que está directamente relacionado coa necesaria intervención das administracións públicas implicadas, ás que lles compete realizar un intenso labor de información, educación e sensibilización á cidadanía. […]»